martes, 29 de junio de 2010

Despedímonos de infantil...

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil deixan atrás unha etapa e comezarán unha nova.
Aquí queda un recordo...

Moita sorte a todos!!!



Excursión ao Planetario

Os nenos e nenas de 5 anos fomo ao Planeterio.


Excursión ao Campo de golf

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos fomos de excuursión ai Campo de golf de Vilela. Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!!

4 ANOS



5 ANOS

miércoles, 2 de junio de 2010

Visita á Renault

Os nenos e nenas de 5 anos fomos o venres pasado de visita á Reanult. Poidemos entrar nun coche moi moderno, que tiña  o teito panorámico e unha tele pequeniña. Logo pasamos ao taller onde arranxan os coches e vimos un coche por debaixo, como cambiaban unha roda, medían os frenos, pintaban e pulían os coches...

Moitas grazas aos pais de Gonzalo, por deixarnos ir de visita e explicarnos tantas cousas e, ademáis darnos un regalo á saída.

 

Visita á casa dos peixes

Os nenos e nenas de 3 anos fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae. Cántos peixes había!! Contamos as patas das estrelas de mar, vimos a Neno na súa némonoa, aos tiburóns Gastón e a Preciosa cos seus fillos, e moitos máis peixes...

Despois de xantar, fomos á Domus e aprendemos cousas moi curiosas. Escoitamos os latexos do noso corazón, vimos corazóns de diferentes seres vivos, medimos a forza coa que lanzamos unha pelota, ulimos diferentes cousas...  

Mirade que ben o pasamos!!!!


miércoles, 12 de mayo de 2010

1º CICLO VAI DE EXCURSIÓN

Fomos de excursión a Buño, onde visitamos o Centro Comarcal de Bergantiños. Alí explicáronnos moitas cousas sobre o barro, manexamos o torno e sopramos nun chifre, que non sabiamos o que era ata entón.




Os alumnos de 2º pasamos polo forno; saímos a "fume de carozo".







Montamos no autobús e dirixímonos a Cabana. Alí comemos entre o monte e o mar. Nunha paraxe así, sacamos de fiambreiras e bocatas e a disfrutar.






Xa máis relaxados, sen fame, fomos ao mirador de aves. Non conseguimos ver moitas, pero sabemos que temos que ter paciencia e non facer ruido.





Logo de esperar a que as aves nos viñesen ver, decidimos ir ao Castro de Borneiro. Tivemos que subir por uns camiños ben complicados. Alí esperábanos Lito. Contounos moitas cousas do Castro. O máis divertido foi que nos preparou un xogo de exploración no que tiñamos que buscar unhas pezas polo castro.




Pasámolo moi ben. Outra??????????!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

lunes, 3 de mayo de 2010

Excursión ao Bosque dos Trasnos

Os nenos e nenas de 3 anos fomos de visita ao Bosque das Trasnos, en Cances. 

Aprendemos moitas cousas, axudamos aos Trasnos a facer as súas tarefas e, en agradecemento.... deixáronnos un conto e gominolas!!!

Moitas grazas aos Trasnos por invitarnos!!!