domingo, 28 de marzo de 2010

A vivenda: Solucións ecolóxicas e económicas

Aquí deixamos unha mostra da exposición que temos preparada na entrada do centro, con propostas para coidar o noso planeta e tamén o noso bolsillo. Anívadevos a visitala, que merece a pena.

Casas alternativas

Aquí vos deixamos un documento sobre casas alternativas, elaborado no proxecto de consumo, e que podedes ver exposto na entrada do centro.

Rueiro do consumo

Unha das actividades do proxecto de consumo é a visita ao Rueiro do consumo, en Vigo, á cal asistimos os alumnos e alumnas de 6º o xoves 18 de marzo.
Aquí podedes ver o programa da actividade, que estivo moi interesante e aprendemos unha chea de cousas.



Aquí vedes as fotos. Ademais, aproveitando que estábamos en Vigo, visitamos tamén Verbum, a casa das palabras.


GAÑADORES!!!

Os alumnos/as de 6º A foron os gañadores do primeiro premio do concurso de banda deseñada do correlingua 2010.
E os de 6º B e C tiveron unha mención especial do xurado.
Non é de estrañar vendo os artistas que son. Noraboa!!!!


martes, 16 de marzo de 2010

Visita á panadería

O martes pasado, os nenos e nenas de 4 anos fomos de visita á panadería Roiser, en Coristanco. Os panadeiros foron moi amables, pois ensináronnos a tenda, os fornos, como se fai o pan... 
E despois de aprender moitas cousas, tamén nos deixaron practicar a nós coa masa. Mirade que ben o pasamos xogando!!!!!



domingo, 14 de marzo de 2010

Grupo de traballo: A casa na produción artística. Recursos didácticos

Nas sesións deste grupo de traballo aprendemos a facer maquetas de casas e tamén broches e colgantes. Por suposto, todo con materiais de refugallo, fomentando a reciclaxe e a sostibilidade.

Podedes ver aquí unha pequena mostra do traballo realizado.


Proxecto de consumo: En tempo de crise... aforro no fogar

No proxecto de consumo no que estamos inmersos toda a comunidade educativa do CEIP Bergantiños, queremos aprender a ser consumidores responsables. Por iso vos deixamos algunha información para ir reflexiando sobre o consumo de auga e enerxía nos nosos fogares.Seguiremos infromando...  En Tempos De Crise... Aforro no fogar
View more documents from Bertablog.