O proxecto "Casas de aquí e de acolá", elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, foi galardoado pola Consellería de educación como un dos mellores proxectos de innovación en normalización lingüística. (La voz de Galicia)
Con nós tamén foron premiados o CEIP de Aguiño (Ribeira), o CEIP A Gándara (Sofán-Carballo), o CEIP A Pedra (Bueu), o CEIP Quintela (Moaña), o IES Menéndez Pidal (A Coruña) e o IES Sardiñeira (A Coruña). E cun accésit o IES Félix Muriel (Rianxo), o IES Perdouro (Burela), o IES Rodeira (Cangas) e o IES Porto do Son (Porto do Son)
Noraboa a todos os premiados!!!!
Non deixedes de ver cómo levamos a cabo o noso proxecto, no que aprenderemos moitas cousas interesantes dando un paseo pola historia a través dos diferentes tipos de casas.