viernes, 18 de diciembre de 2009

Receitario de Nadal

Aquí vos presentamos o receitario no que recompilamos as receitas que nos fixeron chegar o alumnado e as familias.
Xa podedes desfrutar estas vacacións na cociña elaborando estes ricos e sans pratos típicos do Nadal en diversas partes do mundo.

UN NADAL CASEIRO: Concurso de postais

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convocou un concurso de postais de Nadal entre o alumnado do centro, tanto de infantil como de primaria. O tema debía ser o Nadal e a casa (xa que levamos a cabo o proxecto "Casas de aquí e de acolá").

Como vedes houbo moita participación.



De todas elas, esta foi a GAÑADORA, dunha alumna de 6º de primaria. Parabéns!!



E estas foron as finalistas, tamén moi xeitosas. Parabéns a tod@s!!



O Nadal en Educación Infantil

Os nenos e nenas de educación infantil de 3, 4 e 5 anos pasámolo moi ben facendo árbores, aodornos e postais de Nadal. Menudos artistas!!!!



CHEGOU O NADAL!!!

Para celebrar o Nadal fixemos un grande nacemento na entrada do centro, con un ceo cheo de estrelas feitas por todos os alumnos e alumnas. Podedes visitalo cando queirades, pero aquí tedes unha mostra.



viernes, 11 de diciembre de 2009

Máis castros

Os alumnos e alumnas de 4º tamén fixemos os nosos castros. Ocorréusenos facer uns de azucarillos e outros de cartón. A que quedaron moi ben?



jueves, 10 de diciembre de 2009

Os nosos castros.

Dentro das actividades do proxecto "Casas de aquí e de acolá", os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de Educación Primaria realizamos estes castros que nos viñeron moi ben para construir o nacemento de Nadal...mirade que xeitosos!!!


miércoles, 9 de diciembre de 2009

A vivenda: Un paseo pola historia

No noso centro estamos dando un paseo pola historia a través dos diferentes tipos de casas.
Aquí tedes unha mostra da nosa exposición.


lunes, 7 de diciembre de 2009

Exposición fotográfica: Casas de aquí e de acolá

O ENDL está a facer unha exposición fotográfica de casas diversas de Galicia, no que todos podedes participar facéndonos chegar as vosas imaxes (fotos, recortes de revista, postais...). Tedes na entrada do colexio un buzón no que podedes facer a vosa aportación. Animádevos!!! Xa temos algunhas!!



PREMIO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA!!!



O proxecto "Casas de aquí e de acolá", elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, foi galardoado pola Consellería de educación como un dos mellores proxectos de innovación en normalización lingüística. (La voz de Galicia)

Con nós tamén foron premiados o CEIP de Aguiño (Ribeira), o CEIP A Gándara (Sofán-Carballo), o CEIP A Pedra (Bueu), o CEIP Quintela (Moaña), o IES Menéndez Pidal (A Coruña) e o IES Sardiñeira (A Coruña). E cun accésit o IES Félix Muriel (Rianxo), o IES Perdouro (Burela), o IES Rodeira (Cangas) e o IES Porto do Son (Porto do Son)

Noraboa a todos os premiados!!!!

Non deixedes de ver cómo levamos a cabo o noso proxecto, no que aprenderemos moitas cousas interesantes dando un paseo pola historia a través dos diferentes tipos de casas.