Fomos de excursión a Buño, onde visitamos o Centro Comarcal de Bergantiños. Alí explicáronnos moitas cousas sobre o barro, manexamos o torno e sopramos nun chifre, que non sabiamos o que era ata entón.
Os alumnos de 2º pasamos polo forno; saímos a "fume de carozo".
Montamos no autobús e dirixímonos a Cabana. Alí comemos entre o monte e o mar. Nunha paraxe así, sacamos de fiambreiras e bocatas e a disfrutar.
Xa máis relaxados, sen fame, fomos ao mirador de aves. Non conseguimos ver moitas, pero sabemos que temos que ter paciencia e non facer ruido.
Logo de esperar a que as aves nos viñesen ver, decidimos ir ao Castro de Borneiro. Tivemos que subir por uns camiños ben complicados. Alí esperábanos Lito. Contounos moitas cousas do Castro. O máis divertido foi que nos preparou un xogo de exploración no que tiñamos que buscar unhas pezas polo castro.
Pasámolo moi ben. Outra??????????!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A TRIBO DE 1ºB
-
*Menudos son estes de 1ºB!!! A gran xefa Carmen e os seus "indios"
ensínanos un montón de cousas interesantes:os seus alcumes, onde se asentan
os poboados,...
Hace 10 años