sábado, 16 de enero de 2010

Visita do contacontos aos nenos/as de 4 anos

O xoves 14 visitátonnos Patri e Pablo, uns contacontos da editorial Kalandraka que nos gustaron moito. Contáronnos catro contos, tocaron a flauta, pandeiretas e o clarinete... e nós tamén cantamos con eles!!


Aquí vos deixamos un video para que vexades o ben que o pasamos, o ben que nos portamos e o atentos que estábamos.

1 comentarios:

Kalandraka dijo...

Prezados nenos e nenas do CEIP de Bergantiños, prezados mestres e mestras,
Moitas grazas pola vosa fantástica acollida, por escoitar con tanta atención e por cantar connosco as historias da Lúa, do Poliño e dos demais personaxes dos contos de Kalandraka e de Faktoría K.
Ata a próxima ocasión, felices lecturas!
Unha aperta dende KALANDRAKA e FAKTORÍA K