XA TEMOS GAÑADORES DO FESTIVAL TÍRALLE DA LINGUA!!!!
PARABÉNS A TOD@S OS PARTICIPANTES...
Pois si, este martes pola tarde celebramos no COLEXIO BERGANTIÑOS a final do concurso organizado pola AS-PG: Tíralle da lingua.
Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias...de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
O Concurso consiste en contar unha historia en galego de forma individual ou en grupo e que non pase de 5 minutos.
Participaron alumnos e alumnas de todos os ciclos de Primaria (Preto de cuarenta en total) . O nivel de participación foi altísimo e os nenos/as estaban moi nervosos desexando contar os seus contos.
1º ciclo:Irene, Sergio e Javier de 2º A de primaria co conto “ A boliña de Pedra”
2º ciclo: Max, co monólogo sobre “As bolsas de plástico” e Manuel co seu monólogo sobre “Os contos infantís”, de 4º A de primaria.
3º ciclo: Pablo co conto titulado” A miña historia” e Mario co conto “ O descubrimento de Xan”, de 6º C
Os primeiros clasificados irán ao Teatro Principal de Santiago o día 28 de abril á final galega. O ano pasado, Manuel Brandón de 6ºB gañou o primeiro premio así que o listón está moi alto!!!
Parabéns a tod@s os participantes. Sabemos que foi unha tarefa difícil pero soubestes saír dela con nota!! E é que en Carballo hai moi boa canteira de CONTADORES!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario